Co obxectivo de dotar aos nosos clientes de solucións integrais para xestionar o seu negocio, configuramos unha ampla carteira de solucións ERP, mantendo acordos con firmas líderes de mercado.
O noso obxectivo é dispor dunha solución ERP para cada tipo de organización, dimensión ou actividade, e a través da consultoría, poder ofrecer a solución máis eficaz para cada un dos nosos clientes.
Ofrecemos solucións ERP personalizables (tanto de terceiros líderes de mercado como de desenvolvemento propio), e que integren ao máximo cada unha das funcións e áreas dos nosos clientes. Áreas e funcións coma contabilidade, facturación, almacén, producción, etc, xestionándose de forma interrelacionada para que poidan obter as vantaxes de traballar cunha única aplicación, como son a simplicidade de xestión tanto a nivel usuario coma ao dispoñer dun único proveedor de solución de xestión, ou a actualización de información das áreas relacionadas a tempo real, o que ofrece maior eficacia na realización das tarefas do día a día.